Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Frades inicia a elaboración dunha guía de empresas para promocionar os comercios do municipio


O Concello de Frades vai elaborar unha guía informativa cos datos dos negocios, empresas, comercios, bares e restaurantes do municipio, que se poderá consultar dende a páxina web do Concello. Unha iniciativa coa que o Concello de Frades pretende promocionar os negocios locais tanto entre a veciñanza de Frades como entre todos aqueles que se acheguen polo municipio.

Así, todos os veciños e veciñas que teñan un negocio, comercio, establecemento hostaleiro, autónomos… e que estean interesados en participar nesta iniciativa de promoción gratuita só teñen que poñerse en contacto co Concello de Frades, ben presencialmente ben a través do teléfono 981 695 567. Unha vez recollidos os datos, a páxina web do Concello de Frades (www.concellodefrades.es) incluirá un apartado onde se poderán consultar libremente polos internautas e no que figurará información como o nome do negocio, o seu enderezo, un teléfono e/ou persoa de contacto, páxina web, e-mail, horario de atención ao público ou mesmo unha breve descrición da súa actividade.